Mar de Paixon

Título: Mar de Paixón. O fútbol na Costa da Morte 

Autor: Héctor Pose e Luís Porto

Ano: 2013

More details

18,00 € IVA inc.

Más

Mar de Paixón dos autores Héctor Pose e Luis Porto pretende escribir con obxectividade e contido equilibrado algo parecido a unha historia da Liga e Copa da Costa, nomeando equipos, poboacións, clasificacións, goleadores, campos, incidencias e persoas ben coñecidas pola veciñanza, cousa que semella doada mais non o foi.

A COSTA DA MORTE como denominación é unha invención xornalística, talvez mesmo alentada décadas atrás pola creación literaria, mais, co transcorrer do tempo, foi converténdose nun territorio ben delimitado no imaxinario colectivo. Sexa polos accidentes tráxicos no mar, for por ser un fisterra onde morre o sol, o caso é que moitos saben deste recuncho do noroeste atlántico: agreste, belo e singular. E onde comeza e remata?

Desde un punto de vista balompédico, abrangue de Caión (A Laracha) a Corrubedo; de Malpica ás Terras de Soneira e Xallas, mesmo linda con Negreira. Pois hai cincuenta anos, xentes dalgunhas vilas que poboan esta encrucillada de vida, decidiron argallar dúas competicións denominadas Liga e Copa da Costa. Homes atraídos polo deporte do fútbol e a súa práctica, acordaron un calendario para enfrontar entre si a mocidade dalgunhas poboacións da provincia coruñesa. E do acontecido, ao respecto dese apaixonante competir, téntase dar conta aquí.