Pedaleando por Vilagarcía

Título: Pedaleando por Vilagarcía.

Autor: O Faiado da Memoria

Ano: 2016

More details

20,00 € IVA inc.

Más

A bicicleta, axúdanos a movernos, desplazarnos, axúdounos no traballo, formou parte da nosa infancia, hasta nos enamoramos con ela. Foi ese obxeto co que soñamos e que sempre tivemos na mente hasta que esta se empeñou de que tíñamos que cambiala por un auto a motor.

Pero nunca a esquencemos e forma parte do noso espacio físico e sentimental.

Esta é a que nos vai a servir para viaxar pola historia e vida cotidiana da Vilagarcía do século XX.

Con esa premisa é a que nace a exposición "Pedaleando por Vilagarcía".
No mes de marzo de 2015 decidimos dalos primeiros pasos para elaboración desta exposición comenzando cunha selección fotográfica rebuscando bicicletas entre tódalas fotografías do arquivo. Non interesaba tanto a calidade das mesmas, senón o que nos mostraban as mesmas e o que podían reflexar.

Tras unha primeira selección pasamos a segunda fase que era o de buscar as personas que, a través dos seus textos, nos podían enriquecer o que as imaxes mostraban. Non foi tarefa difícil. Fumos pasándolle as distintas fotos sen darlle
moitos detalles sobre as mesmas e pouco a pouco, durante todo o mes de abril e primeira metade de maio, fóronnos chegando os distintos textos en prosa ou poesía, xa que non había limitación algunha sobre a forma, só na extensión, xa que non podía pasar dos dous mil caracteres.

E en xuño de 2015, baixo o patrocinio do Centro Comercial Arousa, inaugurábase nos seus espacios públicos.

A mostra, e o libro, estructúranse en seis apartados temáticos:

  • Primeira etapa, son fotografías, retratos na súa mayoría, de rapaces que comenzan a dar as súas primeiras pedaladas.
  • Para o traballo, imaxes nos que a bici está ligada ao entorno laboral, ben como medio de transporte, de carga, etc.
  • Retrato con bici, composta de fotografías de personas nas que a bicicleta cobra importancia como un elemento dese retrato, quedando patente o valor social destes vehículos nesa época, considerados, case, como un artigo de luxo.
  • Sport e diversión, imaxes onde a bicicleta aparece como un elemento lúdico utilizada en carreiras, xogos tradicionais ou competicións deportivas.
  • Paisaxe con ciclista é o apartado composto de fotografías de paisaxes ou situación nos que aparece una bicicleta co seu usuario de forma accidental sin que para nada inflúan na foto.
  • Testemuña silandeira, onde a bicicleta forma parte, en soedá, dunha rúa ou en lugares onde se desenvolve algunha acción sendo testemuña da mesma.

Cada apartado consta da súa propia introducción.

Logo de exposta non era cuestión de que fotos e texto pasasen ao esquecemento e de aí nace a posibilidade de levar este esforzo que desenvolvimos entre todos, donantes e creadores de Memoria, a trascender o efímero e convertilo en obxeto de uso e visión.

O resultado, amiga-amigo, telo nas túas mans.

Disfrútao.