Mar de Invernía Ver más grande

Mar de Invernía

Título: Mar de Invernía. Autor: Héctor Pose. Ano: 2016. 2ª edición

More details

18,00 € IVA inc.

Más

Mar de Invernía, o novo libro de Héctor Pose, é unha curta, humilde e digna novela, como a vida da xente que a protagoniza. Un avó lastrado pola crúa enfermidade, a vida tronzada polo infortunio no mar, a emigración forzosa, unha voda en medio dunha nevarada histórica, o labor de notario da cotianeidade dun fotógrafo ou as reflexións descarnadas dun profesional da sociocultura. Historias que se entremesturan nunha maridaxe delicada e intelixente.

Salpiméntanse todas elas con imaxes intervidas de dous fotógrafos: Carlos Valcárcel Gay e Gervasio Varela. Documentos alterados pola cor da memoria. Instantáneas que relatan o convivir nunha paisaxe reveladora do que somos. Un escenario de biografías compartidas cun semellante imaxinario afectivo. Unha cartografía simbólica dun tempo vivido ancorada na memoria.

Cun vizoso vocabulario e límpida escrita, trala súa lectura atoparán un engadido a maiores: as Razóns de Autor, os motivos ilustrados do por qué da obra. Un exercizo de honestidade creativa.

O compromiso coa realidade está implícito na escrita do autor malpicán, profesor da Universidade da Coruña, porque para Héctor Pose escribir é ollar o mundo e comunicar esa ollada con emoción e razóns. Realidade ficcionada, metaliteratura, aproveitamento dunha bagaxe experiencial para ben das nosas letras. Unha novela breve, ensalitrada e veraz que supura mar dun verde cobalto en cada páxina.